![]() |
||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||
|
|
REGULAMENTO 1. REGULAMENTO: O Torneo Internacional de Fútbol Base Compostela Cup se rexirá polas normas da FIFA e da Federación Española de Fútbol.
SISTEMA DE COMPETICIÓN: Os equipos dividiranse en grupos de 4. Nunha primera fase enfrentaranse nunha liga a unha soa volta. Na segunda fase:
PUNTUACIÓN DOS PARTIDOS:
CATEGORÍAS:
Os deportistas de menor idade poderán participar na categoría superior, pero só se poderán inscribir e xogar nunha categoría. Os deportistas só se podrán inscribir e xogar nun equipo.
DURACIÓN DOS PARTIDOS: FÚTBOL 11: 2 tempos de 30 minutos FÚTBOL 7: 2 tempos de 25 minutos
CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN: 1ª Fase (Liga):
Fase Final e Consolación (Copa):
NUMERO DE XOGADORES E SUPLENTES: FÚTBOL 11: Un equipo poderá utilizar un total de 16 xogadores nun partido. Non haberá límite de cambios, polo tanto un xogador sustituido poderá voltar a xogar. FÚTBOL 7: Poderán utilizar un total de 12 xogadores nun partido. Non haberá límite de cambios, polo tanto un xogador sustituido poderá volver a participar no encontro.
DOCUMENTACION: A Organización emitirá unhas CREDENCIAIS que servirán como “licencias” para o Torneo. Os delegados de equipo deberán presentar as CREDENCIAIS de cada xogador, adestrador e axudante 15 minutos antes de cada partido ao Delegado de Campo (organización). Estes documentos sempre deben ser orixinais, non se admitirán fotocopias. Ningún partido poderá comenzar si o delegado de campo non dispón dos devanditos documentos. A alineación debe ser confirmada na acta do partido que estará en posesión do Delegado de Campo .
EQUIPACION: Todas as camisetas deben estar provistas dos dorsais e estos deberán coincidir cos da Folla de Relación de Xogadores que os equipos enviaron á Organización. Os números deberán colocarse na espalda. En caso de coincidir os uniformes, o equipo visitante (2º no enunciado do partido) deberá cambiar de camiseta.
TERREOS DE XOGO: Herba artificial: As Cancelas e Calo. Herba natural: San Lázaro 1 e 2, Conxo, Bertamiráns, Cacheiras,Puente Vea. Nos campos de herba artificial está prohibido xogar con tacos de aluminio.
PUNTUALIDADE: Os horarios se levarán con estricta rigurosidade. Os equipos deben estar preparados 15 minutos antes de cada partido. Si non fora así e a Organización entendera que non hai unha causa que xustificara dita incomparecencia, o resultado sería de 3-0 a favor do equipo presentado. O descanso dos partidos será de 5 minutos, e debe realizarse no propio terreo de xogo.
SANCIONS: Un xogador que sexa expulsado do terreo de xogo por vermella directa, será suspendido por 1 ou 2 partidos. O xogador que acumule ao longo do Torneo 3 tarxetas amarelas será suspendido para o siguiente partido.
ARBITROS: Todos os partidos do Torneo serán dirixidos polos árbitros pertencentes ao Colexio de Árbitros de Santiago.O árbitro será a máxima autoridade no terreo de xogo, terá o poder de suspender o partido no caso de ver algunha actitude negativa no comportamiento dun equipo.
RECLAMACIONS: As protestas ou reclamacións deberán entregarse por escrito ao delegado de campo, antes do paso de 90 minutos desde a finalización do partido en cuestión, a taxa de protesta (30€) será abonada ao mesmo tempo que se entrega a reclamación. Dita taxa será reembolsada si a reclamación é aceptada. A organización non admitirá protestas derivadas da actuación arbitral.
COMITE DE COMPETICION: Composto por tres personas: un representante do Colexio de Árbitros, un representante da Federación Galega de Fútbol (Santiago) e un da organización do Torneo Compostela Cup. Este Comité se reunirá todos os días despois de que finalicen todos os partidos cos responsables dos campos, para comentar todas as incidencias da xornada. As decisións deste Comité serán inapelables e todos os participantes deberán respectar e acatar estas decisións sen excepcións.
PROGRAMA DE XOGO O Comité Organizador se reservará o dereito de facer cambios no programa de partidos, tanto no que se refire á división de grupos, como horarios e campos de xogos. A información dos cambios se notificará ao responsables dos equipos implicados.
BALONS: Todos os partidos se xogarán con balóns da marca PUMA, tamaño nº 5 para Fútbol 11, tamaño nº 4 para Fútbol 7.
SEGUROS: Os participantes teñen que estar asegurados. Deberán traer a súa tarxeta da Seguridad Social ou do seu seguro privado.
2. ALOXAMENTOS: Complexo Cidade de Vacacións MONTE DO GOZO OPCIÓN A …………CAMPING OPCIÓN B ……..… ALBERGUE OPCIÓN C ………… HOTEL-RESIDENCIA
INSTALACIONS: Campos de herba natural e artificial nos concellos de Santiago, Ames e Teo. As finais xogaranse no Estadio Municipal de San Lázaro.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: A Compostela Cup pretende ser un lugar de encontro para que todos os deportistas convivades e desfrutedes de Santiago de Compostela e Galiza. Programaranse actividades turísticas e de lecer para que a vosa estadia connosco sexa inolvidable.
INFORMACIÓN:
Telf. 981 528 734 Fax. 981 528 737
e-mail: compostelacup@santyagocongresos.com www.santyagocongresos.com/compostelacup
|
|||||||||||||